O Paraguai como destino atípico da inmigración española: o caso dos galegos (1850-1960)
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
A presente tese abarca a inmigración española e particularmente a galega no Paraguai durante o período das grandes migracións transatlánticas. En primeiro lugar, analízanse as características cuantitativas deste fluxo migratorio (o número e o perfil demográfico dos inmigrantes españois ao longo do tempo e en función das distintas rexións de orixe). Abórdanse logo as cuestións cualitativas como a distribución física dos inmigrantes dentro e fóra da cidade de Asunción; os procesos de inserción socio-económica; o papel da man de obra estranxeira na transición paraguaia ao capitalismo trala Guerra da Tripla Alianza (1864-1870); as contribucións dos inmigrantes á política, á sociedade civil e ás artes; ou os seus vínculos con España e coas comunidades de emigrados no Río da Prata a través da prensa, os cónsules e outros mediadores culturais. Os resultados tamén aportan novos coñecementos sobre aspectos da historia paraguaia como a inmigración espontánea nos tempos do presidente Carlos Antonio López (1844-1862), o desenvolvemento da prensa e a literatura decimonónicas, a actividade galeguista do escritor paraguaio Eloy Fariña Núñez nos anos 1920, ou a Legión Civil Extranjera durante a Guerra do Chaco (1932-1935). A conclusión central consiste en que, malia seren poucos numericamente, a influencia dos inmigrantes galegos na historia do Paraguai foi considerable e desproporcionada ao seu pequeno tamaño como colectividade. Non obstante, hai que matizar que os contemporáneos non adoitaban percibilos como un grupo diferenciado dentro da colonia española.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








