Políticas culturais e desenvolvemento socioeconómico: algunas anotacións sobre a situación galega
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Este artigo analiza a crecente proximidade entre os obxectivos e os contidos
das políticas culturais e os intereses socioeconómicos, desde distintas dimensións, esencialmente,
o impacto económico e laboral dos investimentos públicos no sector cultural
e os contidos reguladores das políticas culturais. O traballo examina tamén os efectos
na relación entre cultura e economía de fenómenos como a rexionalización das políticas
culturais ou a emerxencia das cidades en tanto que actores culturais. O obxectivo é pór
en relación o incremento progresivo das axudas económicas ao sector cultural por parte
das institucións públicas durante os últimos anos co aumento do impacto social, económico
e laboral das mesmas. A evidencia empírica presentada demostra un incremento
continuo tanto dos obxectivos definidos polas distintas institucións públicas da cultura
como dos recursos públicos destinados ao seu logro. Tamén se verifica nos últimos anos
unha evolución da concepción dos fins culturais, que deveñen un elemento máis do desenvolvemento
socioeconómico das distintas colectividades.
Description
Bibliographic citation
BOUZADA FERNÁNDEZ, Xan: «Políticas culturais e desenvolvemento socioeconómico: algunas anotacións sobre a situación galega». Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas (RIPS), vol. 7, nº 1 (2008): pp. 31-53. ISSN 1577-239X



