Aplicación das principais técnicas de análise input-output a diferentes economías : estudo dos coeficientes importantes, da estrutura sectorial e do seu cambio
| dc.contributor.author | Andión Mosquera, Álvaro | |
| dc.contributor.tutor | Rodríguez González, David | |
| dc.date.accessioned | 2024-11-11T08:15:46Z | |
| dc.date.available | 2024-11-11T08:15:46Z | |
| dc.date.issued | 2024-06 | |
| dc.description.abstract | Un dos métodos de análise económica máis útiles para comprender a estrutura produtiva dun país nun ano determinado é o marco input-output, que describe, por medio de matrices, as transaccións produtivas que teñen lugar entre os distintos sectores de actividade. Con base en técnicas de álxebra matricial, este modelo permite o cálculo de diversos indicadores, que resumen as características e evolución temporal das diferentes industrias da economía considerada. O presente traballo trata de facer unha aproximación teórica ás principais ferramentas de análise que ofrece o modelo insumo-produto, así como unha aplicación práctica das mesmas ás táboas input-output dunha serie de países ao longo do tempo. Distinguimos neste documento tres estudos clave: a identificación dos coeficientes máis importantes da matriz técnica, a determinación das características estruturais e a valoración do cambio estrutural ao longo do tempo. Máis concretamente, este traballo inclúe o cálculo e a interpretación dos coeficientes técnicos máis importantes, dos multiplicadores de Leontief e dos índices de Rasmussen (características estruturais), e do índice de Gini e de dúas medidas estatísticas máis xerais: a raíz estandarizada do erro cadrado medio e a desviación absoluta ponderada estándar (cambio estrutural). O obxectivo principal será extraer unha serie de conclusións lóxicas destes indicadores, como pode ser a comprobación da estabilidade das matrices nos anos, ou a clasificación de ramas de actividade segundo as súas características estruturais. | |
| dc.identifier.uri | https://hdl.handle.net/10347/37661 | |
| dc.language.iso | glg | |
| dc.rights | Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International | |
| dc.rights.accessRights | open access | |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ | |
| dc.title | Aplicación das principais técnicas de análise input-output a diferentes economías : estudo dos coeficientes importantes, da estrutura sectorial e do seu cambio | |
| dc.type | bachelor thesis | |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAdvisorOfPublication | f220b4e1-9165-4fc8-90ae-0593f00fc1e3 | |
| relation.isTutorOfPublication | f220b4e1-9165-4fc8-90ae-0593f00fc1e3 | |
| relation.isTutorOfPublication.latestForDiscovery | f220b4e1-9165-4fc8-90ae-0593f00fc1e3 |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- 2024_TFG_Andión_Aplicación.pdf
- Size:
- 7.76 MB
- Format:
- Adobe Portable Document Format