Adaptacións ás alteracións da parede celular en Arabidopsis Thaliana
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
As paredes celulares primarias de plantas conforman unha estrutura moi dinámica e versátil implicada na regulación do crecemento. Están compostas principalmente por celulosa, pectinas e hemicelulosas como o xiloglucano (XiG). Analizar os efectos da alteración ou eliminación experimental dun ou varios destes compoñentes, permite achegarnos á comprensión da estrutura, dinámica e función da parede primaria.
É obxecto deste estudo investigar as respostas de Arabidopsis thaliana fronte ás alteracións da parede primaria, producidas mediante mutantes sen XiG e liñas de sobreexpresión inducible por estradiol. Constatáronse diferenzas significativas claras no crecemento de hipocótilos etiolados, entre mutantes sen XiG e liñas complementadas, o que indica posibles efectos do XiG sobre a extensibilidade (aínda que os resultados non descartan que poida deberse a outros factores). Ademais observouse que o debilitamento moderado da rede de pectinas leva a un crecemento de hipocótilos etiolados significativamente maior respecto ao silvestre. Resultados pouco congruentes suxeriron tamén que a disrupción combinada de XiG e pectinas podería aumentar o crecemento de hipocótilos por un debilitamento maior da parede, o que indicaría a existencia dun posible efecto compensatorio entre as redes de pectina e XiG.
Por outra banda, foi implementado con éxito un protocolo de extracción e cuantificación de XiG.
Description
Traballo de Fin de Grao de Bioloxía. Curso 2019-2020
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional



