Estudo estrutural e magnético de complexos polinucleares de imidazolidonas e bases de Schiff

dc.contributor.advisorSanmartín Matalobos, Jesús
dc.contributor.advisorFondo Busto, María Matilde
dc.contributor.authorDoejo Paz, Jesús
dc.contributor.otherUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Química. Departamento de Química Inorgánica
dc.date.accessioned2016-02-05T09:01:26Z
dc.date.available2016-02-05T09:01:26Z
dc.date.issued2016-02-05
dc.description.abstractA presente Tese Doutoral ten por obxectivo xeral a obtención e estudo magnético de complexos metálicos polinucleares, co fin último de obter imáns moleculares. Deste xeito, neste traballo analízase a interacción de diversos metais da primeira serie do bloque d con pequenas imidazolidinas e con bases de Schiff polidentadas, que permitan a síntese de complexos metálicos de baixa nuclearidade, para ser empregados como bloques iniciais na obtención de complexos de nuclearidade maior. Os ligandos imidazolidina (HL1 e H3L2) amosan comportamentos claramente distintos fronte a centros metálicos en función dos substituíntes sobre os nitróxenos. Deste xeito, cando o substituínte é un grupo hidroxietilo (H3L2), o ligando é extremadamente sensible á hidrólise en presenza de ións metálicos, o que prevén a síntese de complexos deste dador. Se o substituínte é un grupo metilo (HL1) obtéñense complexos dinucleares, pero non foi posible illar compostos de nuclearidade maior. Estes complexos dinucleares de ións metálicos paramagnéticos mostran un sistemático comportamento ferromagnético, o que constitúe un importante achado. Este ferromagnetismo adscríbese mediante cálculos DFT (Teoría do Funcional da Densidade) aos agudos ángulos M-O-M, próximos a 90º, ángulos que veñen predeterminados polas restricións xeométricas que o ligando impón, sendo estes os máis favorables entre todos os posibles para que o acoplamento ferromagnético sexa máximo. Aínda así, estes derivados metálicos non presentan comportamento de imán molecular. As bases de Schiff polidentadas empregadas (H6L3 e H4L4) si permiten illar complexos de alta nuclearidade (4-8), obtidos ben a partir de nodos que se conectan a través de espazadores, ou de bloques que actúan como metaloligandos. O comportamento magnético destes sistemas é antiferromagnético, non sendo útiles polo tanto na obtención de imáns moleculares. A pesares diso, o traballo realizado con estes ligandos leva a algúns resultados sumamente interesantes, tales como o control da nuclearidade a través do grao de desprotonación do ligando ou a obtención dun metalacalix[4]areno octanuclear de níquel, composto pouco común.gl
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/13833
dc.language.isoglggl
dc.rightsEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.subjectbases de Schiffgl
dc.subjectcomplexos metálicos polinuclearesgl
dc.subjectligandosgl
dc.subjectmetaloligandosgl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::23 Química::2303 Química inorgánica::230318 Metalesgl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::23 Química::2303 Química inorgánica::230321 Compuestos organometálicosgl
dc.titleEstudo estrutural e magnético de complexos polinucleares de imidazolidonas e bases de Schiffgl
dc.typedoctoral thesisgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublication1db54429-379d-4151-b753-b65a98bbd748
relation.isAdvisorOfPublicationab1b04cb-948d-47ef-8c5e-8b3aba62e728
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery1db54429-379d-4151-b753-b65a98bbd748

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
rep_977.pdf
Size:
71.05 MB
Format:
Adobe Portable Document Format