Challenges implementing circular economy principles in the management of industrial saline effluents: from technology development to holistic assessment
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Nos ultimos anos, estamos facéndolle frente a retos coma o cambio
climático ou a crise dos plásticos. Aquí, a economía circular cobra especial importancia, xa que podería
transformar estes retos en oportunidades. A presente tese céntrase no sector conserveiro galego para levar a cabo
unha serie de estudos que teñen como obxectivo apoiar o incremento no grao de madurez das tecnoloxías
emerxentes baseadas na economía circular e na recuperación de recursos. Primeiro, levouse a cabo unha
investigación a escala laboratorio que durou dous anos para valorizar efluentes conserveiros en
Polihidroxialcanoatos (PHA). Despois, realizouse un estudo para identificar as ferramentas dispoñibles na
avaliación ambiental de teconoloxías emerxentes. Aquí atopouse, por un lado, que faltan métodos que inclúan a
salinidade dentro da análise, polo que a presente tese abordou este reto propoñendo unha nova metodoloxía para
avaliar os efectos das variacións de salinidade en ambientes acuáticos. Por outro lado, as análises existentes
empregaban datos primarios xerados hai anos, polo que a información conseguida no laboratorio empregouse
para realizar un estudo de caso cuxos resultados indicaron que a substitución de técnicas tradicionais polas que
aquí se avalían podería reducir os impactos ambientais na xestión de residuos de conserveira. Finalmente,
realizouse unha análise económica que explorou un sistema de biorrefinería centralizada onde as conserveiras
producen biomasa e a biorrefinería realiza a extracción do PHA. Con este enfoque, acádase o prezo
comercialmente competitivo de aproximadamente 1 /kg de PHA.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








