Efecto da radiación UV‐B e da combinación da temperatura e o CO2 sobre a ecofisioloxía dos organismos colonizadores do patrimonio cultural granítico

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Un dos problemas máis importantes no campo da conservación do Patrimonio Cultural é a colonización dos sustratos por parte de biofilms. Estes biofilms, compostos en moitos casos por compendios de algas e cianobacterias, están en gran medida influenciados por cambios ambientais. Nun contexto de cambio climático como o actual é esencial entender cales son estes procesos e en que medida van a afectar aos organismos e, polo tanto, qué consecuencias terá esto sobre o biodeterioro do patrimonio. Neste traballo fin de máster (TFM) estudouse o efecto do cambio climático, en termos de aumento de temperatura, CO2 e radiación UV-B, na ecofisioloxía dun biofilm composto por unha especie de cianobacteria, Synechocystis sp PCC 6803 e outra de alga verde, Bracteacoccus minor. Observouse que, de forma xeral, o aumento de calquera destes parámetros provocou un aumento no dominio das cianobacterias, que provocan un maior biodeterioro do substrato sobre o que viven, en comparación coas algas verdes. Concretamente, descubriuse que para os organismos estudados, un aumento da temperatura reduce o seu crecemento e eficiencia fotosintética, mentres que a nivel de substrato aumenta a disolución de elementos. Ante un aumento da temperatura, poderíase esperar un aumento da meteorización dos minerais, pero unha menor actividade deteriorante dos organismos. O efecto do CO2 observouse dependendo da temperatura e, a pesar do esperado, só produciu un lixeiro aumento da eficiencia fotosintética. Finalmente, o aumento da radiación UV-B tamén produciu un aumento na proporción de cianobacterias, así como un cambio de tamaño nas células de algas que sobreviviron. Isto, xunto cunha menor produción de EPS por parte das cianobacterias, parece indicar unha menor necesidade de protección contra o estrés luminoso e, polo tanto, menor dano pola radiación UV-B. Pódese concluír que as variacións destes parámetros con respecto aos niveis actuais afectarían tanto á fisioloxía das biopelículas como á súa capacidade para deteriorar o substrato. Isto implica un cambio na dirección do biodeterioro e, polo tanto, en como se deben afrontar as tarefas de conservación para evitar a desaparición do noso Patrimonio Cultural.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional