O curso d’Os eidos de Uxío Novoneyra: suxeito, desobra e comunidade en perspectiva ontolóxica
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Dende a súa aparición no ano 1955, Os eidos converteuse nunha referencia fundamental para a literatura galega e Uxío Novoneyra nun dos seus poetas centrais. Esta tese de doutoramento explora a relación entre o suxeito e a comunidade na súa obra, fundamentalmente a partir deste libro ao que sempre volveu, con outras seis edicións distintas que o estenden pola segunda metade do século XX como libro en curso. Nun campo literario implicado nun proceso de construción nacional, analiza os cambios que rexistra en relación ás transformacións socioliterarias derivadas das distintas comprensións do compromiso da literatura coa comunidade, que van dun enfoque identitario a outro máis ben encadrado nas coordenadas da resistencia. Por outro lado, tamén atende a relación desta obra co resto da súa produción a partir desa vocación comunal, recoñecida polo mesmo autor como alentadora da súa práctica poética, mesmo a pesar do seu declive histórico e dos desafíos que ese mesmo compromiso comunitario comporta. Para afondar nas cuestións en xogo nestes cambios, relacións e problemáticas, este traballo indaga no modelo ontolóxico do suxeito e da comunidade da proposta novoneyriana.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International







