Instrución 1/2024 da Secretaría Xeral da USC sobre a organización do espazo de traballo en intranet das unidades administrativas e a creación de arquivos dixitais de oficina.
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A irrupción da Administración Electrónica na actividade administrativa e de xestión da Universidade de Santiago de Compostela (USC) trouxo aparellado un importante cambio na forma de traballar, nos medios e recursos de tramitación e na maneira de conformar, arquivar e preservar as evidencias documentais que testemuñan o importante servizo público que presta a USC á comunidade universitaria e á sociedade en xeral.
De igual modo, é importante subliñar que a documentación electrónica que se está a crear nos distintos servizos e unidades administrativas é de vital importancia tanto desde un punto de vista xurídico -por dar soporte e valor probatorio aos dereitos e deberes das persoas administradas e do propio persoal da USC- como pola súa consideración legal de patrimonio documental desde o mesmo momento da súa creación.
Tomando en consideración estas premisas e valorando a problemática subxacente á tramitación electrónica e os riscos que contempla, faise necesario normalizar a organización da documentación electrónica, a conformación de expedientes dixitais e o seu arquivado nas unidades ou servizos.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
CC0 1.0 Universal



