Novos solventes químicos para procesos de captura/rexeneración de co2

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

No presente Traballo Fin de Máster realizouse un estudo sobre o proceso de captura/rexeneración de dióxido de carbono (CO2) por absorción en distintos disolventes químicos non empregados comunmente a nivel industrial. Establecéronse comparacións entre o uso de N,N‑Dimetiletilendiamina (DMEN) e o uso dunha mestura de etanolamina (MEA) e N,N-Dimetiletanolamina (DMEA) no proceso de absorción de CO2, podendo así analizar a influenza da composición do disolvente, tendo en conta que estes compostos aportan a mesma concentración dos mesmos grupos amino. Asemade establecéronse comparacións entre o uso dunha mestura de MEA e DMEA cunha relación equimolar de ambos compostos fronte a unha mestura cun 83.3% dos grupos amino procedentes de MEA. Os diferentes mecanismos de absorción de CO2 determináronse empregando a espectroscopía de resonancia magnética nuclear de hidróxeno e carbono para determinar as especies presentes no medio ao longo do tempo. A maiores, realizáronse experimentos de captura/rexeneración de CO2 en continuo que permitiron analizar o proceso completo e identificar a capacidade de rexeneración dos disolventes estudados, así coma a posible existencia de degradación do disolvente.

Description

Traballo Fin de Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos. Curso 2014-2015

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional