Libro de Resumos da IV Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química (XINQ 4)

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A XINQ é un espazo de encontro no que as investigadoras e investigadores novos que desenvolven o seu traballo no ámbito da química poden dalo a coñecer ao resto da comunidade universitaria. A xuntanza está pensada para que @s nov@s investigador@s entendan que se pode explicar a ciencia, a química no noso caso, en lingua galega ao mesmo tempo que desenvolven as súas capacidades de comunicación en público. A xuntanza desenvólvese a través dunha serie comunicacións orais de carácter divulgativo onde, en galego, expoñen os aspectos mais significativos e xerais da investigación que realizan no seu máster ou doutoramento. Nesta cuarta edición, o comité organizador considera que a XINQ consolidouse xa como un espazo para a difusión da investigación no ámbito da química na nosa universidade en galego. Nesta xuntanza pódense encontrar participantes procedentes da maioría dos centros de investigación e facultades da nosa institución, pero ten máis importancia, na nosa opinión, a participación de estudantes que non teñen o galego como lingua materna. El@s ofrécenos o exemplo da importancia que lle dan as persoas á lingua no proceso de integración e como ven nela un vinculo sentimental fundamental na nosa sociedade. Dende a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química débese reflexionar sobre a participación do seu profesorado nesta actividade. Sería positivo que en cada edición unha parella de profesores puideran expoñer a investigación realizada ou un tema científico de actualidade de xeito divulgativo en lingua galega. Deste xeito, co tempo, poderían animarse a desenvolver a súa actividade docente en galego utilizado en pouca medida na nosa facultade.

Description

Keywords

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution 4.0 International