Imaxes do vencido: María Zambrano e Rafael Dieste
Loading...
Identifiers
Publication date
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
O presente estudo aborda as figuras do vencido nas obras de María Zambrano e Rafael Dieste como enclave privilexiado onde nace un novo concepto de razón. A investigación artéllase en tres capítulos nos que se analizan aspectos como as coordenadas culturais e políticas da II República na obra de ambos dous autores. A contorna da revista Hora de España ou o servizo activo nas Misións pedagóxicas son algunhas das achegas. Por outra banda, o concepto de pobo será estudado como conca pola que discorren as imaxes do vencido. Traballamos asemade obras de xuventude por seren xermolos e alicerces dos protagonistas do vencido. Facendo fincapé nas figuras femininas, as vencidas, as protagonistas máis salientables nas súas producións. En definitiva, a razón que subxace nas obras dos autores exiliados pertence a suxeitos reiteradamente esquecidos e silenciados na historia. Con eles recóllese a voz dun novo discurso a través do dicir poético.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional







