Caboverdianas en Burela (1978/2008): migración, relacións de xénero e intervención social
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
O punto de partida desta investigación sobre as mulleres caboverdianas de Burela foi un proceso de intervención social coa comunidade da que fan parte, no que a autora participou como coordinadora (1998/2001). As características metodolóxicas desa intervención, entendida como proceso dialéctico, participativo e empoderador, provocaron unha serie de mudanzas na vida destas mulleres, partindo do papel central que exercían, tanto nos grupos domésticos como na comunidade, debido á ausencia periódica dos seus maridos, dedicados á pesca de altura.
A partir deste enfoque aplicado inicial, a investigación céntrase nas relacións de xénero que estruturan as súas vidas na costa de Lugo, tomando como referencia tanto a súa configuración histórica e cultural na sociedade de orixe como as transformacións que se producen no contexto migratorio.
Tomando como base as teorías que consideran o xénero como un elemento estruturante dos procesos migratorios, caracterizado pola súa plasticidade e fluidez na adaptación aos diversos contextos, realízase unha análise das transformacións das relacións de xénero no seo da comunidade caboverdiana, tendo en conta a existencia de dous grupos diferenciados: o das mulleres que migraron anteriormente a 1998 e o das que o fixeron no século XXI.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl







