Autoagregación de tensioactivos catiónicos gemini e a súa incorporación en formulacións de nanovesículas
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Os liposomas son sistemas nanobiotecnolóxicos con un gran potencial para
ser aplicados na administración de fármacos para o tratamento de diferentes tipos de enfermidades, na fase de
diagnóstico e tamén na posible detección de enfermidades actuando como biosensores. O seu uso aumenta o
índice terapéutico de fármacos, son seguros e moi biocompatibles. Varias propiedades destes vehículos, incluíndo
o tamaño, carga superficial e a presenza de ligandos poden alterar o súa posible función. Polo tanto, os liposomas
representan sistemas nanotransportadores atractivos para os fármacos e posúen un ampio potencial en diferentes
ámbitos. En este proxecto proponse estudar novos sistemas liposómicos para aventurar novas aplicacións no
ámbito biotecnolóxico. Para iso, plantexamos estudar sistema liposómicos compostos de fosfolípidos e dopalos
con surfactantes catiónicos tipo gemini (GS). A idea fundamental radica en aportar propiedades diferentes
(estabilidade, carga superficial, porosidade, permeabilidade, etc.) para aportar posibles aplicacións en diferentes
ámbitos biotecnolóxicos. O estudo abordarase en tres bloques diferentes: (1) estudar o comportamento dos
surfactantes gemini na superficie así como a termodinámica da autoagregación, (2) caracterizar os sistemas
liposómicos coas distintas formulacións de distintos GS y (3) tratarase de encapsular diferentes tipos de
medicamentos.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional







