O salario mínimo: situación na UE, comparativa nos mercados de traballo español e francés e efectos sobre o emprego
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
O presente traballo céntrase no estudo do salario mínimo, un tema en torno ao cal os debates no noso país volveron rexurdir con forza nos últimos tempos. A súa análise, ademais, cobra especial interese no caso español por tratarsedun país cuxos niveis de desemprego adoitan atoparsede xeito sistemáticopor enriba da media da UE. O obxectivo deste traballo consiste en examinar en que posición se atopa España dentro do contexto da UE no referidoao salario mínimo e, máis concretamente, realizar unha análise comparativa entre España e Francia con respecto do tema en cuestión. A idoneidade da observación e comparación entre estes dous países reside en que son aqueles territorios que, con data de 2018, contaban co menor e maior índice de Kaitz(IK), respectivamente, de toda a UE.Ademais, tamén realizamos unha aproximación á relación existente entre os IK e as taxas de desemprego dunha economía.Para levar a cabo estasanálises, abarcamos un horizonte temporal de catro décadas e centrámonos nas orixes e evolución dos principais indicadores referidos ao salario mínimo. Observamos como a fórmula legal de revalorización dos salarios mínimos existente en cada país determinou, por un lado, un aumento case ininterrompido do poder adquisitivo do salario mínimo francés dende 1980,mentres que, para o caso español, o corrente foron as perdas noseu poder de compra.Isto supuxo, ademais, que mentres que o IK en Francia semantivo estable esen grandes alteraciónsdende 1980 ata a actualidade, en España esta variable retrocedeu fortemente dende os inicios da democracia ata 2003. Por outra banda, mediante unha análise desagregada a nivel territorial, concluímos a existencia dunha certa correlación lineal positivaentre o IK de cada Comunidade Autónoma e a súa respectiva taxa de desemprego. Pola contra, no caso francés, esta correlación parece inexistente.
Description
Traballo Fin de Grao en Economía
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional







